1. PRESENTACIÓN

A creación deste documento ten como principal obxectivo propoñer un conxunto de ideas encamiñadas á mellora do comportamento medioambiental das persoas que conforman a Comunidade Educativa do Colexio Plurilingüe Divina Pastora – Franciscanas Ourense (alumnos e alumnas, docentes, ANPA, PAS e colaboradores). 

Os problemas ambientais son complexos, pero a súa solución só é posible se toda a comunidade está sensibilizada e se implica activamente, mediante a aplicación de principios tanto a escala persoal coma colectiva.

2. QUE SON AS BOAS PRÁCTICAS MEDIOAMBIENTAIS?

Podemos definir boas prácticas medioambientais como aquelas actuacións individuais, tanto na actividade profesional coma na vida persoal, realizadas a partir de criterios de respecto cara o medio ambiente. É dicir, accións dirixidas a reducir o impacto ambiental negativo que causan certos procesos realizados diariamente nas actividades que levamos a cabo.

Neste documento describiremos unha serie de boas prácticas medioambientais que debemos realizar no noso centro educativo

3. OBXECTIVOS

-   Coidar e promover os diferentes ambientes da Institución Educativa.
-   Promover o cambio de hábitos na Comunidade Educativa en aspectos básicos de aforro enerxético.
-   Lograr unha participación activa de todos os membros da Comunidade Educativa.

4. BOAS PRÁCTICAS EN:

          a) Aulas:

-   Apaga a luz e aparellos eléctricos que non vaian ser empregados.
-   Poñer carteis preto das portas recordando que as luces deben permanecer apagadas ao saír (carteis  feitos polo alumnado en plástica e no concurso Lúa Dixital).
-   Empregar sempre lámpadas de baixo consumo para reducir o consumo ata un 50%.
-   Verificar que as ventás están ben seladas.
-   Aproveita ao máximo a luz natural sempre que sexa posible.
-   Ventilar a aula durante 5 minutos é suficiente, así evitarase perdas de calor.
-   Empregar, sempre que sexa posible, papel reciclado e non branqueado con cloro.
-   Aproveitar ben o papel e usalo polas dúas caras. Emprega a política das tres R´s: Reducir-reutilizar-Reciclar. Reduce o consumo de papel, canto menos papel se consuma innecesariamente mellor. Reutilao, usa o papel usado pola cara sen usar de ser o caso. Recíclao, cando non se lle poda dar máis uso recíclao, nas aulas hai un contedor de papel e preto da túa seguro que hai un contedor azul.
-   Empregar, se é posible, lapis de cores sen esmaltar en lugar de rotuladores, así como gomas de borrar sen plastificar.
-   Promover o uso de calculadoras solares (con células fotoeléctricas).

          b) Despachos e salas dos docentes:

-   Imprimir e fotocopiar polas dúas caras do papel. Para facer borradores empregar folios xa usados.
-   Empregar, sempre que sexa posible, papel reciclado e non branqueado con cloro.
-   Dispoñer de dispositivos de aforro de enerxía (para monitores, ordenadores, luces en zonas de paso…).
-   Ao redactar documentos, axustar o tamaño da letra, as marxes e o interlineado para ocupar o menor espazo posible. 
-   Se usas aparellos con pilas, empregar pilas recargables e libres de mercurio
-   Promover o uso de elementos recargables e material de oficina reutilizable.
-   Aproveitar ao máximo a luz solar, apagar a luz ao saír e aqueles aparellos que non se están a empregar.
-   Usar lámpadas de baixo consumo.
  
          c) Laboratorios:

-   Empregar, na medida do posible, produtos inocuos.
-   Reutilizar as materias primas e os envases, nos casos nos que o procedemento o permita.
-   Non deixar correr a auga cando non se estea usando ou consumindo.
-   Depositar cada residuo no contedor ou bidón correspondente.
-   Non botar polo desaugue produtos contaminantes ou que se poidan reciclar.
-   Manter os equipos en funcionamento o tempo imprescindible.
-   Manter cerrados os frascos de disolventes e usar adecuadamente as campás extractoras.

          d) Aseos:

-   Non deixar correr a auga cando non se estea usando.
-  Se houbese perdas nalgunha billa ou no inodoro, avisar inmediatamente para reducir o antes posible a perda de auga.
-  Instalar dosificadores dentro das billas.
-  Empregar billas dun só mando.
-   Poñer carteis preto das zonas das billas recordando que estas deben permanecer pechadas (carteis  feitos polo alumnado en plástica e no concurso Lúa Dixital).
-   Empregar de xeito moderado o xabón e o papel que empregamos ao lavar as mans.

          e) Comedor e consumo de alimentos:

-   Elixir sempre provedores que xeren a menor cantidade de embalaxe posible.
-   Envasar a comida sempre con envases reutilizables, coma tuppers ou fiambreiras.
-   Os restos de comida deberán ser metidos no cubo do lixo orgánico, mentes que os plásticos e latas deben ir ao amarelo.


5. BOAS PRÁCTICAS XERAIS DE RECICLAXE:

-   Recoller información sobre as características dos residuos do colexio.
-   Realizar periodicamente campañas de información entre todos os membros da Comunidade Educativa:
-   Pegar notas informativas nas aulas, laboratorios, despachos …
-   Realizar recordatorios das pautas a seguir.
-   Repartir adhesivos informativos.
-   Presentar información nas entradas do centro.
-   Informar á Comunidade Educativa a través da páxina web do centro, dos Blogs medioambientais e das revistas do Colexio: Lúa e Lúa Dixital. 

6. QUE RESIDUOS DEBEMOS DEPOSITAR EN CADA CONTEDOR?






7       7. PROXECTOS DE SENSIBILIZACIÓN MEDIOAMBIENTAIS DO COLEXIO PLURILINGÜE DIVINA PASTORA:

        -   Voz Natura.
-   Consumópolis.
-   Proxecto Ríos.
-   Miñoambiente.
-   Montentérate.
-   Os Ecovixiantes.
-   Cicloturismo


0 comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.