Francisco naceu en Asís, nunha familia de comerciantes, e levou dende moi neno unha vida acomodada, xa que o seu pai adicábase ao negocio das teas. Nun primer momento da súa xuventude fíxose militar pero, tras ser prisioneiro durante un ano, e ao empeoramento da súa saúde, decidiu voltar a casa.
Comezou a relacionarse con persoas con lepra e sen recursos económicos e empezou a vender as súas pertenzas para darllas a aqueles que o necesitaban. Debido a que seu pai o acusou de tolo ante o Bispo, decidiu marchar da casa espido e vivir segundo o seu punto de vista: Vestiuse coa roupa máis pobre que atopou e adicouse a Deus e ao servizo aos demais, vivindo na máis estricta pobreza.
O seu exemplo atraeu a outros xoves e, ante a amplitude deste movemento, plantexouse fundar unha orde relixiosa. Foi a Roma, onde o seu aspecto de pobre non lle gustou ao Papa Inocencio III, o cal, finalmente, vendo a súa fe e o seu exemplo, permitiulle que fora predicando polo mundo e exhortando á penitencia, e admitiu a súa orde mendicante de frailes menores que, xunto coas dos dominicos, foi un revulsivo para a vida da Igrexa.

O seu misterio está, na comunicación que el tiña coa natureza e en especial con todos os animais.
San Francisco de Asis, tiña o don da parazoogesis, facultade ou don de falar e dominar os animais.
A súa comunicación con eles lévao a vivir en contacto coa natureza, a proclamar o respecto cara a todo ser vivo.

Contan os escritos que existen da vida deste santo, que os animais lle obedecían e escoitaban as súas ordes,e mesmo chegou a domesticar a un lobo salvaxe que comía ás ovellas e atacaba aos humanos que vivían preto do lugar onde se encontraba San Francisco. Consideraba que todos os seres vivos, incluídos os animais e toda a natureza, eran seres especiais creados por Deus. 

Foi un ser moi especial que chegou a este planeta Terra e que viviu na miseria podendo vivir na abundancia económica e no poder, pero o seu interese non estaba niso. A súa misión era outra, estar consigo mesmo, axudar aos demais e conectarse e servir á natureza.

A data do 4 de Xullo (día da súa morte), foi proclamada pola Organización Mundial de Protección dos animais como o Día Mundial dos Animais e así mesmo, o Papa Juan Pablo II, declárao Patrón dos Animais e dos Ecoloxistas.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.