O Colexio Plurilingüe Divina Pastora- Franciscanos Ourense asume o compromiso de incorporar a súa xestión e o desenvolvemento do seu servizo educativo o principio de excelencia na xestión do medio. Por iso, a dirección do Colexio Plurilingüe Divina Pastora definiu e aproba a presente Política Ambiental do Centro, que seguindo a filosofía de San Francisco de Asís (patrón da ecoloxía) inclúe os seguintes principios e obxectivos de Calidade ambiental. 

Comunicación. A Política Ambiental do Centro, xunto coa Política de Calidade, é coñecida por toda as persoas que compoñen a Organización e está a disposición de toda a Comunidade Educativa na sección de Calidade da web oficial do Colexio, Blog ambiental e documento (PE.02.04) Organización Anual do centro que se entrega a todas as familias a principio de curso.

MISIÓN. Na misión do centro inclúese a axeitada e eficaz xestión ambiental das actividades do Centro para tratar de minimizar o noso impacto ambiental no ámbito que nos rodea. Para iso apróbanse os seguintes principios:

-    Declarar a sostibilidade e a eficiencia na xestión ambiental, integrala na nosa estratexia e asumila como unha práctica habitual para cada unha das tarefas do traballo diario no Colexio Plurilingüe Divina Pastora.

-    Como parte da Educación en Valores do Colexio, desenvolvidas en cada unha das programacións docentes, seremos exemplo do noso alumnado e proporcionarase a mellor educación posible no coñecemento, respecto, coidado e a protección ambiental a través das áreas ou materias, Plan de Acción Titorial, Plan de Pastoral e dos programas ambientais específicos, incidindo no tratamento do consumo de recursos utilizados no ámbito de Centro como a boa xestión de residuos.

-    Establecer uns procedementos internos para que a prestación do servizo se realice cumprindo cos requisitos de eficacia, eficiencia de recursos e boas prácticas ambientais (PE.08.02).

-    Avaliar periódica e sistematicamente a xestión ambiental, co obxecto de identificar áreas de mellora que sirvan de base para establecer obxectivos e metas para a mellora continua na xestión ambiental.

-    Sensibilizar e concienciar a toda a Comunidade Educativa para que apliquen os principios contidos nesta Política e facelos participar mediante a achega de suxestións e o traballo en equipo.

-    Garantir o cumprimento estrito da lexislación ambiental tanto na prestación do noso servizo educativo como á hora de comprar produtos ou contratar servizos, como o mantemento do edificio e dos equipos, limpeza, comedor, transporte escolar e actividades extraescolares.



Ourense, 16 de xuño de 2014  

0 comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.