Voz Natura é un programa de educación medioambiental posto en marcha pola Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre no curso 1997/1998. O seu obxectivo é implicar á comunidade escolar de Galicia na recuperación e defensa da natureza da nosa terra.

A 17ª edición do programa de educación ambiental da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre. Voz Natura segue crecendo e este curso promove 307 proxectos de recuperación da natureza realizados por outros tantos equipos que conforman 53.543 alumnos e 3.050 profesores de todos os niveis, excepto o universitario.

Despois de anteriores edicións especialmente adicadas ás reforestacións, o cambio climático, a biodiversidade, o reciclado ou a  loita contra o lume, Voz Natura proponse destacar a necesidade de actuar sobre os ríos e as praias, logrando que as accións escolares servan de exemplo e xeren un efecto contaxio no resto da sociedade. Por tanto, durante esta edición moitos dos participantes inclúen nos seus proxectos de actuación diversas actividades encamiñadas a protexer a biodiversidade as costas, praias e sistemas fluviais de Galicia.

Pódese atopar máis información sobre o proxecto Voz Natura na páxina web:

0 comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.